1 de outubro de 2019
Despois de manter conversas coa ANPA e co persoal responsable do colexio, Inés Rey comprometeuse a falar coa Administración autonómica para chegar a unha solución canto antes
Esta mañá representantes da Corporación e dos grupos da oposición asistiron a unha concentración de pais e nais, alumnado e profesorado no CEIP Plurilingüe Labaca para lle demandaren á Xunta especialistas para darlle o tratamento específico ao alumnado con dificultades nos terreos da dicción e da expresión. Tras manter conversas coa ANPA e co persoal responsable do centro, a alcaldesa, Inés Rey, a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e o edil de Cultura e Educación, Jesús Celemín, apoiaron a reclamación da reposición no centro da/o especialista en Audición e Linguaxe (AL).
A alcaldesa confía en que a Administración autonómica responda a esta reclamación que se suma á doutros seis colexios da cidade que actualmente non contan con esta especialidade, como son o CEIP Rosalía de Castro, que comparte profesional co Xosé Cornide; o CEIP San Pedro de Visma, o CEIP Prácticas, o CEIP Emilia Pardo Bazán e o CEIP Alborada.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible