Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Educación

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

O VI Festival de Curtas Opera Prima 2019 celebrarase o mércores 29 de maio, ás 19.00, no Ágora

Cuándo:

14 de mayo de 2019

Nesta gala proxectaranse as 8 curtametraxes realizadas polo alumnado de 5º e 6º de primaria dos "Obradoiros de iniciación á curtametraxe en galego" do curso 2018/19

Dende o Servizo de Educación, comprácenos convidar a toda a comunidade educativa do concello da Coruña ao VI Festival de curtas Ópera Prima 2019 , que se celebrará o mércores 29 de maio, ás 19.00h, no Ágora. 

Nesta gala  proxectaranse as 8 curtametraxes realizadas polo alumnado de 5º e 6º de primaria dos " Obradoiros de iniciación á curtametraxe en galego " do curso 2018/19, coordinados e dirixidos por Omar Rabuñal Varela: actor, director e guionista coruñés.

Centros, participantes e curtametraxe:

CENTRO

Participantes

Título das curtas

CEIP Manuel Murguía

18

MIMÍ

CEIP Manuel Murguía

7

BUSCADORES DE MISTERIOS

CEIP Raquel Camacho

10

AS GUERRAS DA DANZA

CEIP Rosalía de Castro

6

SEIS MILLONARIOS E UN TRAIDOR

CEIP Raquel Camacho

10

FALLO INFORMÁTICO

CEIP Cidade Vella

9

NON MIRES ESTA PELI

CEIP Ramón de la Sagra

7

ANASTASIA

CEIP Salgado Torres

18

O ARO

Na gala contaremos coa presenza da Concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, quen, xunto cos membros do xurado, entregará os 8 premios aos grupos participantes e os diplomas aos 85 estudantes participantes.

O xurado estará formado por:

  • Anabel Fernández, coordinadora do ENL da Escola Oficial de Idiomas.
  • Carmen de Miguel, productora audiovisual.
  • Pepe Barba, xefe de estudos do CIFP Imaxe e Son da Coruña.
  • Ana Judel Prieto, técnica de educación do Concello da Coruña, que actuará como secretaria.

E outorgarán os PREMIOS das categorías á mellor curtametraxe, mellor dirección, mellor guión e mellor repartimento; e as "mencións de prata" de cada categoría.

As curtas realizadas no 1º trimestre do curso foron seleccionadas para participar o 7 e 8 de maio no "IX Festival CinEOI Coruña curtas 2019" -organizado pola Escola Oficial de Idiomas, en colaboración co Concello da Coruña- e as realizadas no 2º semestre do curso participaran no devandito festival de 2020

O alumnado participante recibirá un diploma sobre a realización do obradoiro  expedido polo Concello da Coruña, e un trofeo da Torre de Hércules para cada equipo, elaborado polo taller de cerámica "Kerámicos" da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM).

Programa al que pertenece

  • VI Festival Ópera Prima 2019

    Festival en el que se proyectarán los cortometrajes grabados por el alumnado de 5º e 6º de EP de los centros educativos públicos de la ciudad participantes en los "Talleres de iniciación al cortometraje en lengua gallega", coordinados y dirigidos por Omar Rabuñal Varela, actor, director y guionista coruñés.

    Más información
  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?