Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Educación

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

O VI Festival de Curtas Opera Prima 2019 celebrouse o mércores 29 de maio no Ágora

Cuándo:

30 de mayo de 2019

Proxectáronse as 8 curtas gravadas polo alumnado de 5º e 6º cursos de E. primaria dos 6 CEIP que participaron nos "Obradoiros de iniciación á curtametraxe en lingua galega".

O festival foi presentado polo  actor e monologuista Pedro Brandariz. Tamén contamos coa presencia do xefe de Servizo de Educación, Belisario Sixto, que entregou os premios xunto con Pepe Barba, membro do xurado; e  o coordinador dos ditos obradoiros, Omar Rabuñal Varela, actor, director e guionista coruñés, coordenadosr dos obradoiros; e a asistencia de gran cantidade de público, entre familiares e compañeiras e compañeiros.

O xurado formado por:

-      Anabel Fernández, coordinadora do ENL da Escola Oficial de Idiomas.

-      Pepe Barba, xefe de estudos do CIFP Escola de Imaxe e Son da Coruña.

-      Carmen de Miguel, productora de audiovisual.

-      Ana Judel Prieto, técnica de educación do Concello da Coruña, como secretaria.

Outorgou os seguintes PREMIOS nas seguintes categorías a:

CATEGORÍAS FAIO FINAL CENTRO
A MELLOR CURTAMETRAXE ANASTASIA CEIP Ramón de la Sagra
MENCIÓN DE PRATA Á CURTAMETRAXE 6 MILLONARIOS E UN TRAIDOR CEIP Rosalía de Castro
A MELLOR DIRECCIÓN NON MIRES ESTA PELI CEIP Cidade Vella
MENCIÓN DE PRATA Á DIRECCIÓN BUSCADORES DE MISTERIOS CEIP Manuel Murguía
O MELLOR GUIÓN FALLO INFORMÁTICO CEIP Raquel Camacho
MENCIÓN DE PRATA AO GUIÓN O ARO CEIP Salgado Torres
O MELLOR REPARTO MIMI CEIP Manuel Murguía
MENCIÓN DE PRATA AO REPARTO AS GUERRAS DA DANZA CEIP Raquel Camacho

Un total de 85 alumnas e alumnos participantes nos ditos  obradoiros recibiron un diploma da súa participación e cada equipo un trofeo da Torre de Hércules (co corpo da torre de caixas de celuloide), elaborado polo taller de cerámica "Kerámicos" da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) e un diploma.

Ademais, as curtas as realizadas no 1º trimestre do curso participaron o 7 e 8 de maio no "IX Festival CinEOI Coruña Curtas 2019" (organizado pola Escola Oficial de Idiomas, en colaboración co Concello da Coruña) e as realizadas no 2º semestre participaran na vindeira edición de 2020.

Programa al que pertenece

  • VI Festival Ópera Prima 2019

    Festival en el que se proyectarán los cortometrajes grabados por el alumnado de 5º e 6º de EP de los centros educativos públicos de la ciudad participantes en los "Talleres de iniciación al cortometraje en lengua gallega", coordinados y dirigidos por Omar Rabuñal Varela, actor, director y guionista coruñés.

    Más información
  • VI FESTIVAL DE CURTAS OPERA PRIMA 2019

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?