Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Publicadas as listas de persoas admitidas e non admitidas nas Bolsas USA 2020-2021

Cando:

8 de novembro de 2019

Ábrese un prazo de 10 días, do 24 de decembro ata o 9 de xaneiro, para emendar por rexistro a documentación presentada.

O programa permítelle ao alumnado de 4º da ESO residente na cidade da Coruña cursar o grao 11 en EE.UU., equivalente a 1º de Bacharelato.

Como requisitos principais, o alumnado aspirante debe estar empadroado no Concello da Coruña e obter en 3º de ESO unha cualificación media de 6,5 puntos ou máis (sen ter ningunha materia suspensa) e de 7 puntos ou máis en inglés.

Toda a información relativa ás Bolsas USA pódese consultar en  Bolsas USA 2020-2021 , que inclúe as bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do venres 8 de novembro de 2019 [Cómpre ter en conta a corrección de erros nas bases publicada no BOP do venres 15 de novembro].

Obxectivo do programa

O programa ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura. Así mesmo, promove unha educación baseada no respecto á diversidade cultural, racial, sexual... e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Programa ao que pertence

  • Bolsas USA 2020-2021

    Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o grao 11 en EE.UU. -Equivalente a 1.º de Bacharelato-.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión