Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicadas as listas de solicitudes admitidas e excluídas para optar a participar no programa Bolsas Norteamérica 2026-27

Cando:

3 de decembro de 2025

Ao longo das próximas semanas publicarase a proposta de resolución provisional, coa lista de persoas propostas para a concesión de prazas.

O Concello da Coruña publicou hoxe, mércores 3 de decembro de 2025, as listas de solicitudes admitidas e excluídas para optar a participar no programa Bolsas Norteamérica 2026-27, que permitirá a 30 alumnos e alumnas de 4º da ESO poder continuar a súa formación en Canadá durante o curso 2026-27, no seu primeiro ano de bacharelato.

As listas poden consultarse na páxina coa información do programa, dentro dos apartado "Documentos relacionados": Bolsas Norteamérica 2026-27

Posto que non hai solicitudes que necesiten emendas, se omite a publicación da listaxe de solicitudes excluídas que necesitan emendas.

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes seleccionadas

Ao longo das próximas semanas publicarase, tanto no portal de educación do Concello da coruña como no taboleiro de anuncios e edictos municipal situado na sede electrónica do Concello, a proposta de resolución provisional, indicándose a listaxe de persoas propostas para a concesión de prazas, seguido das solicitudes que, aínda cumprindo os requisitos esixidos, non obteñan praza por insuficiencia de puntuación, as cales pasarán a formar parte da lista de espera, e finalizando coas solicitudes desestimadas e excluídas con expresión da súa causa.

Esta publicación iniciará o cómputo dun prazo para que as persoas interesadas poidan presentar alegacións, e que será de 10 días hábiles.

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión