Só da Coruña
Dende o 08/11/2025 ata o 12/11/2025
Xa rematou
Servizo Municipal de Educación
Tel. 981 184 200, ext: 10179
Fernando Briones
O programa "Chorus - Concerto pola Paz" continúa co seu segundo seminario dirixido ao alumnado (sábado 8 de novembro) e ao profesorado (mércores 12 de novembro)
O programa Chorus - Concerto pola Paz 2026 continúa o seu curso. Tras a celebración dos primeiros seminarios para profesorado e alumnado os días 29 e 18 de outubro, respectivamente, chega a quenda do segundo seminario.
Ambos os seminarios serán impartidos por Fernando Briones, catedrático de dirección do Conservatorio Superior de Música da Coruña.
IMPORTANTE: O seminario dirixido ao alumnado terá lugar no Conservatorio PROFESIONAL de música da Coruña (Praza do Conservatorio s/n., 15001, A Coruña), mentres que o seminario dirixido ao profesorado celebrarase no Conservatorio SUPERIOR de música da Coruña (Rúa Manuel Murguía, 44, 15011, A Coruña).
Máis información na páxina do programa: Chorus - Concerto pola Paz 2026 .
Programa ao que pertence
O programa "Chorus" céntrase no ensino de técnicas de canto coral, que axudan a desenvolver os coñecementos musicais e outras capacidades, como o traballo en equipo, a capacidade de escoita, a comunicación ou a integración, entre outras.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible