11 de novembro de 2025
Os nenos e nenas da EIM Arela tiveron por diante unha semana chea de sorpresas relacionadas coa temática do curso.
O pasado luns 3 de novembro, os nenos e nenas da EIM Arela atopáronse nas aulas unha serie de obxectos misteriosos: estrelas, cabazas pintadas con lunares, libros, coroas de flores, pinceis...
O misterio foi resolto ao día seguinte, coa visita da bibliotecaria Sulema, que trouxo explicación a todas as cousas atopadas o día anterior: cada unha delas pertencía a unha muller ilustre da historia.
Deste xeito, esta será a temática da EIM Arela para este curso: mulleres que cambiaron o mundo. Se visitamos este ano a escola atoparémonos coas aulas de Jane Godall, Cleopatra, Rosalía de Castro, María Pita, Yayoi Kusama, Frida Kahlo, Hipatia e Marie Curie.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible