27 de marzo de 2025
O diñeiro recadado destinarase á escola infantil CEI AMAM, de Mozambique.
O pasado venres 21 de marzo, a Escola Infantil Municipal Arela acolleu un taller de cociña solidario para nenos e nenas de 2 anos. A actividade foi organizada pola ANPA da escola en favor do proxecto Fitas de Vento, que ten como obxectivo xerar un espazo de intercambio entre escolas infantís galegas e africanas.
O taller, que contou cunha gran participación por parte das familias, estivo impartido por Mayte Fernández, profesora de cociña con ampla experiencia con nenos/as.
O diñeiro recadado destinarase á escola infantil CEI AMAM, de Tete, Mozambique.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible