27 de marzo de 2026
A familia da escola reuniuse para construír un merendeiro pensado para os/as máis pequenos/as. Un espazo de encontro que permitirá crecer dentro da natureza.
Na EIM A Caracola levan anos impulsando a naturalización da súa zona exterior, nun proceso vivo que crece aos poucos. Neste camiño contan co acompañamento de AgroflorestaViva e, nesta ocasión, tamén coa colaboración de Xanceda.
Onte, a familia da escola reuniuse para crearen todos/as xuntos/as unha estrutura viva e funcional pensada para os/as máis pequenos/as: un merendeiro que dará sombra, xerará un espazo de encontro e permitirá crecer dentro da natureza. Un lugar que irá cambiando co paso das estacións, fortalecéndose co tempo e formando parte do día a día do patio.
Ademais, construíron un pequeno arco de entrada para xogar, explorar e esconderse. Unha xornada para facer, compartir e, coma sempre, na que non faltou unha rica merenda.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible