Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
TODO PÚBLICO: ábrese o prazo de inscrición o próximos xoves 22 de setembro
Cando:
21 de setembro de 2022
O IMCE, coa especial colaboración do Servizo Municipal de Educación, ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro, no Forum Metropolitano, para acercar as artes escénicas á infancia e a xuventude, con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar, excepcionalmente, de balde.
Cada grupo só poderá inscribirse nunha única obra de teatro durante o curso 2022/2023. Os grupos que asistan en outono non poderán inscribirse na convocatoria de primavera.
O aforo máximo será de 300 espectadores, incluido o profesorado, e poderá verse reducido en función das características dalgún espectáculo.
As funcións faránse en horario de 10.00 e 12.00 h para EI e EP, e as 12.00h para ES.
As prazas adxudicaranse automáticamente, por rigorosa orde de petición.
Se houbese máis demanda de prazas que oferta, abriríase unha listaxe de agarda para cada función, co obxecto de cubrir posibles baixas de grupos ou centros.
DATAS DE INSCRICIÓN:
para os centros do municipio: a partir do xoves 22 de setembro;
para os centros doutros municipios: a partir do martes 27 de setembro.
No caso de ter esquecido o seu contrasinal e necesite recupéralo o darse de alta, pode solicitalo a través da opción "Esquecín o meu contrasinal", ou por correo electrónico a gestionim@edu.coruna.es desde a conta de correo oficial do seu centro escolar ou chamando ao/á responsable do centro ao teléfono 981 90 23 27.
Aclaración de dúbidas en forum@coruna.es e no teléfono 981 184 297, de luns a venres de 9 a 14h.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible