27/02/2025
Xa rematou
12:15 horas
Representantes do Consello Local da Infancia (CLIAC) visitarán as instalacións da emisora e lerán un manifesto con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.
O xoves 27 de febreiro un grupo de representantes do Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC) visitará os estudos de Onda Cero na cidade.
Ás 12:15 horas, aproximadamente, entrarán en antena e lerán un manifesto, preparado por eles/as mesmos/as, con motivo da próxima celebración do Día Internacional da Muller previsto para o 8 de marzo. Ademais, tamén expoñerán algunhas das accións que levaron a cabo durante o curso, como parte da programación do Consello Local da Infancia.
Programa ao que pertence
O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz de infancia ás políticas públicas do Concello.
Máis informaciónNoticias relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible