19 de maio de 2020
A cantante Wöyza e a Banda da Loba tamén participaron no programa
Wöyza é unha cantante e compositora galega do xénero urbano de hip hop. Os seus temas están involucrados ás críticas sociais, en especial a desigualdade de xénero.
En Luditarde 2020-21 , tiveron a oportunidade de coñecer algunha das súas cancións no bloque de contidos de "mulleres ilustres galegas". Agora é ela a que lles rinde homenaxe mandando este agarimoso saúdo e enviándo moita enerxía para esta etapa que estamos viviendo.
Fabricando Luz
A banda da Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, flok, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular.
Algúns nenos e nenas do CEIP Anxo da Garda traballaron ao longo do curso con algunha das súas cancións coma a de Fabricando Luz, e agora elas tamén lles dedican este saúdo con moito agarimo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible