11 de decembro de 2024
Plantáronse un total de 12 árbores, unha por cada mes do ano.
Aproveitando estas datas tan sinaladas, os/as alumnos e alumnas das Escolas Infantís Municipais de Monte Alto e Luís Seone participaron nunha plantación de árbores na zona exterior das escolas, acompañados de educadoras e grupos de maiores da EIM Luís Seoane.
En total, plantáronse 12 árbores, representando os meses do ano. Ao longo dos 12 próximos meses, os nenos e nenas terán a oportunidade de observar os cambios e de valorar a importancia do tempo e a natureza nas nosas vidas.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible