
As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, primeiros cursos de ciclos formativos de grao básico, de grao medio e de grao superior de formación profesional, nos cursos de especialización e nos ensinos de réxime especial realizaranse desde o día 9 de setembro de 2026 ata o 21 de xuño de 2027, ambos inclusive.
Nos segundos cursos dos ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior de formación profesional, as actividades lectivas realizaranse desde o día 9 de setembro de 2026 ata o 15 de xuño de 2027, ambos inclusive.
No segundo curso de bacharelato a impartición das clases finalizará de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade.
Períodos de vacacións escolares
Os períodos de vacacións escolares para o curso académico 2026/27 serán os seguintes:
O Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, celebrarase o 7 de decembro de 2026.
Descargue o Calendario escolar en Galicia para o curso 2026-2027 .
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible