Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proceso de admisión

O proceso de admisión dos centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2026-2027, iníciase o día 01/03/2026 e permanecerá aberto ata o día 20/03/2026, ambos incluídos.

Durante este período debe inscribirse o alumnado que se incorpora por primeira vez no sistema educativo e aqueles alumnos e alumnas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato que desexan cambiar de centro escolar.

O prazo de presentación de solicitudes de reserva vai do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro. O prazo de presentación de solicitudes de admisión vai do 1 ao 20 de marzo.

Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas publicaranse o día 25 de abril, as definitivas o 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño, para o alumnado de infantil e primaria, e do 23 de xuño ao 7 de xullo, para os de ESO e bacharelato.

Ademais dos procedementos e dos prazos sinalados, dende o curso 25/26 incorpóranse tamén as medidas do acordo de mellora do ensino blindadas a través da Lei de medidas fiscais e administrativas da Xunta de Galicia para 2025, entre as que se inclúe a redución progresiva do rateo máximo de 20 alumnos/as por aula que comezou a aplicarse para 4.º de educación infantil e que se irá aplicando de forma progresiva.

Podes consultar máis información sobre o proceso nos documentos relacionados.

Referencias legais

Proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2026-2027.

  • Orde de 21 de outubro de 2022 (DOG 08.11.2022) pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de Educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Decreto 13-2022 do 3 de febreiro (DOG 11.02.2022) polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
  • Orde do 26 de maio de 2023 (DOG 13.06.2023) pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022.

Documentos relacionados

  • Resolución do 25 de febreiro de 2026 pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da Orde de 21 de outubro de 2022 (229 KB)
  • Procedemento de admisión do alumnado para o curso 2026-2027 (castelán) (195 KB)
  • Procedemento de admisión do alumnado para o curso 2026-2027 (galego) (184 KB)
  • Anuncio do sorteo público anual do número para resolver os empates no procedemento de admisión do alumnado no curso 2026-2027 (238 KB)

Enlaces relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión