15 de abril de 2026
A EIM Monte Alto, coa colaboración da ONG Stop Accidentes, organiza un paseo polo barrio, e posterior charla, como parte dun conxunto de actividades vinculadas á educación viaria.
Coa colaboración da ONG Stop Accidentes, a Escola Infantil Municipal Monte alto organiza, o xoves 16 de abril, unha saída ao exterior da escola (calle Vigía s/n), para, seguidamente, continuar o percorrido polo barrio ata finalizar na Praza de Monte Alto (mercado).
A actividade, que dará comezo ás 16:30 horas, está dirixida aos nenos/as e as súas familias, así como a toda a veciñanza, e englóbase nun conxunto de actividades vinculadas á educación viaria e a recoñecer o barrio e as rúas como espazo de convivencia e relacións.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible