Concello da Coruña

Concello da Coruña

CEE Nosa Señora do Rosario

Enderezo:

Ronda Camilo José Cela 2. 15008 A Coruña

Teléfono:

881 961 070

Fax:

981 283 496

981 926 241

Páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceenosasenhorarosario/

Servizos:

Comedor.

Servizos audiómetricos.

Servizo medico otorrinolaringológico.

Servizo psicolóxico.

Transporte gratuíto.

Horario:

Escolar Infantil e Primaria:

Luns a venres de 09:00 h a 14:00 h

Escolar ESO:

Luns de 08:45 h a 14:15 h e de 15:20 h a 17:00 h. Martes a venres de 08:45 h a 14:15 h

Comedor:

Luns a venres de 14:00 h a 16:00 h

Extraescolar:

Luns a venres de 16:00 h a 18:00 h

Titularidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Niveis educativos:

  • Segundo Ciclo de Educación Infantil (3-5 anos).
  • Educación Primaria (6-12 anos).
  • ESO.

Actividades extraescolares

Deporte no Centro:

  • Descrición: actividades físico-deportivas nas instalacións do propio centro e adaptadas ás posibilidades que ofreza a súa infraestrutura.
  • Destinatarios: alumnos de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria.
  • Horario: dúas horas alternas á semana entre as 16:00 h. e as 18:00 h. do 1 ó 15 de outubro a 15 de xuño.
  • Inscrición: en APA do centro.
  • Titularidade: FAPA e Servizo Municipal de Educación.

Admisión de alumnos:

Necesítase un informe que demostre que ese neno necesita un centro específico. Os pais poden acudir directamente ao centro e alí informaráselle de todo e mostraránselles as instalacións.

Datos de interese:

  • Colexio de carácter mixto, para nenos (3-21 anos) xordos ou deficientes auditivos contando con 3 sectores de atención:
  • Integración total.
  • Integración combinada.
  • Centro de Recursos de Educación Especial para as Patoloxías dela Audición e a Linguaxe (CRE-PAL).
  • Dispoñen tamén dun servizo de Atención Temperá para nenos de 0 a 5 anos.
  • É o único centro de Galicia que ten a ESO completa para nenos con deficiencias auditivas.
  • Ten ademais aloxamento na residencia do Burgo para os nenos que son de fóra da Coruña.

Centro de Recursos de Educación Especial para as Patoloxías da Audición e a Linguaxe (CRE-PAL):

  • Atención a alumnos desde os 0 anos con problemas de audición e/ou linguaxe, con expreso permiso da administración educativa, en réxime ambulatorio e en horario de 15:00 h. a 20:00 h. en sesións de media hora para aqueles alumnos escolarizados en centros docentes da zona ou comarca.
  • Control audiométrico e control de rendemento dos audífonos por medio de campo libre.
  • Atención rehabilitadora de implantes cocleares.
  • Préstamo de bibliografía especializada a profesores de zona ou comarca.
  • Información e mostra de aparellos e materiais específicos para a rehabilitación da linguaxe e audición a profesorado de zona e comarca.
  • Información e cesión a Colexios da zona e comarca de programas informáticos especialmente indicados para esta rehabilitación previo compromiso dunha avaliación de tipo trimestral dos rendementos e posibilidades da aplicación e posibles melloras dos programas achegados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión