Composición do Consello Escolar
- O alcalde ou membro da Corporación en que delegue, que será ou presidente.
- Dez profesores dos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia propostos por sindicatos ou asociacións profesionais proporcionalmente á representación obtida nas eleccións sindicais do sector docente, no municipio, distribuídos da seguinte forma:
- Seis do ensino público.
- Catro do ensino privado.
- Seis pais de alumnos propostos por lla federación de asociacións de pais de alumnos (que no caso da Coruña, segundo o seu Regulamento Interno, distribúense: catro para a Federación de Anpas de centros públicos e dous para a de centros privados concertados).
- Catro alumnos elixidos polos representantes dos alumnos en Consellos Escolares dos centros existentes no municipio.
- Dez membros elixidos segundo o que dispoña a Corporación municipal, de acordo co establecido no artigo 16.1.b) da Lei do Parlamento de Galicia 3/1986, do 18 de decembro.
Competencias
No artigo 27.1, do devandito Decreto 44/1988 determínase que:
Os Consellos Escolares municipais serán consultados pola Administración educativa e deberán ser consultados tamén polos respectivos Concellos sobre as seguintes cuestións:
- Convenios e acordos de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou calquera outra Administración pública que afecten ao ensino dentro do ámbito municipal.
- Actuacións e normas municipais que afecten os servizos educativos complementarios e extraescolares con incidencia no funcionamineto dos centros docentes, tales como transporte escolar, comedores, servizos de limpeza e conservacións.
- Actuacións e normas municipais que afecten ou favorezan a ocupación real das prazas escolares, coa finalidade de mellorar o rendemento educativo e, se é o caso, facer efectiva a obrigatoriedade do ensino.
- Situación de centros docentes dentro da demarcación municipal.
- Prioridade nos programas e actuacións municipais que afecten á conservación, vixilancia e mantemento adecuado dos centros docentes.
- Fomento das actividades tendentes a mellorar a calidade educativa, especialmente no que respecta á adaptación da programación ao medio.
- Competencias educativas que afecten ao ensino non universitario e que a lexislación outorgue aos municipios.
- Calquera outro asunto que pola súa importancia para a vida escolar do Concello lle sexa consultado
- Na programación de investimentos en materia educativa.
Breve historia do Consello Escolar Municipal da Coruña
O Consello Escolar Municipal da Coruña é, probablemente, o máis antigo de Galicia. Creouse a consecuncia da aprobación do Decreto do 4 de decembro de 1980, que regulaba os órganos colexiados de goberno dos centros públicos e determinaba a posibilidade de crear Consellos Escolares municipais.
- A primeiro CE da Coruña foi creado o 27 de novembro de 1981 e tivo unha duración ata 1983.
- 10 de outubro de 1983, o Pleno municipal crea o Consello de forma que pervive ata a actualidade.
- A súa primeira reunión foi o 6 de febreiro de 1984.
- O 16 de setembro de 1985 houbo un novo acordo do Pleno para adaptalo á LODE, que entrase en vigor en xullo dese ano.
- Na reunión do Consello de data 25 de xaneiro de 2024 aprobáronse as Normas internas de funcionamento do Consello Escolar Municipal do Concello da Coruña (CEMAC) e foron aprobadas por Decreto de Alcaldía de data 15 de febreiro de 2024 (anotada no Libro de Resolucións da Alcaldía co núm.DEC/AYT/713/2024).