Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Representantes municipais en Consellos Escolares de centros públicos do Concello da Coruña
Funcións
O Consello Escolar de centro é un órgano colexiado de participación da comunidade educativa e de obrigada constitución. Nel están representados todos os sectores que conforman a comunidade educativa: as nais e pais, o profesorado, o alumnado, o concello e o persoal de administración e servizos.
Os/as Representantes Municipais participarán no Consello Escolar de cada centro educativo como un membro máis e cumprirán coas funcións e tarefas encomendadas pola lexislación vixente.
Con todo, TRÁTASE DUNHA REPRESENTACIÓN INSTITUCIONAL, de forma que a súa actuación ten que ser especialmente responsable, rigorosa e cualificada.
Funcións dos/das representantes municipais:
Velar por unha xestión participativa e democrática do Consello
Facilitar o coñecemento entre os sectores da Comunidade educativa e outras entidades
Propiciar o coñecemento mutuo e o traballo cooperativo entre o claustro, a ANPA, a asociación de alumnos etc.
Servir de canle de transmisión entre o Concello e o Centro Educativo.
Proporcionarlle información ao Concello sobre a situación do centro para que este poida deseñar plans de actuación adecuados as súas necesidades.
Promover a participación dos centros educativos nos programas educativos municipais.
Nomeamento
Os/as representantes municipais son nomeados/as pola Alcaldesa da Coruña, previa autorización do Concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais a proposta do Servizo Municipal de Educación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible