Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Representantes municipais en Consellos Escolares de centros públicos do municipio. Curso 2019/20

Cumprirá coas funcións e tarefas encomendadas pola lexislación vixente. Os Representantes Municipais enmárcanse dentro do Consello Escolar de cada centro educativo. O Consello Escolar é un órgano colexiado de participación da unidade educativa e de obrigada constitución. Nel están representados todos os sectores que conforman a Comunidade educativa: nais, pais, profesorado, alumnado, Concello e persoal de administración e servizos.

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Comunidade educativa de centros públicos da cidade da Coruña

Funcións dos representantes municipais

  • Velar por unha xestión participativa e democrática
  • Facilitar o conocimientoentre os sectores da Comunidade educativa e outras entidades
  • Servir de canle de transmisión entre o Concello e o Centro Educativo
  • Promover os programas educativos municipais
  • Proporcionar información ao Concello sobre a situación do Centro para que este poida deseñar plans de actuación adecuados ás súas necesidades
  • Propiciar o coñecemento mutuo e o traballo cooperativo entre Claustro, ANPA, asociación de alumnos, etc.

Centros docentes

Os representantes municipais estarán presentes nas escolas infantís municipais (EIMS), os centros educativos públicos de primaria (CEIPS) e os centros educativos de secundaria (IES); así como nos Centros de Educación Especial (CEES), Escola de Arte e Deseño, Escola de Idiomas e Conservatorios profesionais de Música e Danza.

Nomeamento

Os representantes municipais son nomeados pola Alcaldesa da Coruña, previa autorización do Concelleiro de Educación, Cultura e Memoria Histórica a proposta do Servizo Municipal de Educación.

Listaxe de representantes municipais

Esta listaxe atópase na ligazón: Representantes municipais. Curso 2019-2020

Sesión do Consello Escolar [28/10/2019]

Ficha resumo sesión Consello Escolar 28102019 .

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Teresa Delgado López

981 18 42 00 - Ext. :12039

Máis información:

Consellos Escolares e Representantes Municipais: Lexislación vixente

Os representantes municipais accederán a este servizo para realizar e almacenar toda a información necesaria: Acceso ao sistema

Guía manual de consulta (FEMP)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?