Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mus-e 2025-26

Obxecto:

Fomentar a educación en valores con obxecto de mellorar a cohesión social e reducir as situacións de conflito, acoso e violencia, fomentando o intercambio intercultural e a riqueza da diversidade e facilitando o respecto ás diferenzas culturais, étnicas e sociais.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP e ESO de centros públicos da cidade.

Centros onde se oferta

CEIP Raquel Camacho, CEIP San Pedro de Visma, CEIP Rosalía de Castro, IES Agra do Orzán e IES Rafael Dieste.

Non se admiten máis centros para o curso 2025/2026.

Semanal e/ou quincenal

Recursos humanos:

O proxecto é desenvolvido por artistas en activo, de diferentes culturas, con formación pedagóxica en aulas desde Infantil (5 anos) ata 2º de ESO, en presenza do/a profesor/a titor/a.

Organiza:

Servizo Municipal de Educación

Máis información:

A Fundación Yehudi Menuhin España e a Fundación Paideia desenvolven MUS-E na Coruña desde 2015.

O traballo en horario lectivo é posible grazas a un convenio asinado por ambas as entidades coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.

https://fundacionyehudimenuhin.org/programas/mus-e/

Entidades colaboradoras

Fundación Yehudi Menuhin España:

www.fundacionyehudimenuhin.org

Fundación Paideia:

www.fundacionpaideia.org

Prezo / Custo:

Gratuíto.

A inclusión educativa e social desde a arte

A finalidade do Programa MUS-E é o traballo desde as Artes no ámbito escolar, como ferramenta que favorece a integración social, educativa e cultural do alumnado e as súas familias, e contempla o desenvolvemento da intelixencia emocional, como fonte que pretende fomentar a cohesión social, e loitar contra a posible exclusión de nenos e nenas que viven en ambientes desfavorecidos.

MUS-E fai fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes na escola e o traballo en valores.

Actividades

O programa realízase a través de sesións e talleres impartidos por artistas en activo, de diferentes culturas, cunha elevada formación artística e experiencia pedagóxica, nos que se tenta que as persoas participantes (menores, familias e docentes) canalicen a súa creatividade, reforcen a súa autoestima e melloren as súas aprendizaxes.

Sen dúbida, un alumnado motivado é un alumnado que aprende.

Metodoloxía

O Programa recolle e aplica a Metodoloxía de intervención MUS-E , desenvolvida desde hai máis de 25 anos en Europa, onde se recolleron aqueles elementos craves na intervención para alcanzar éxito, o marco de traballo utilizado foi:

  • A arte como ferramenta en educación.
  • Desenvolvemento da Creatividade e a Imaxinación.
  • A diversidade nas súas múltiples facetas (cultural, física, psíquica,) como riqueza e potencial para crecer.
  • Desenvolvemento da intelixencia emocional.

Principios

  • Arte como motor na construción de persoas, grupos e sociedades.
  • Potenciar a comunidade educativa.
  • Desenvolvemento do sentido crítico.
  • Intervención grupal: romper clichés e ensinar valores.
  • Compromiso: lograr que a mensaxe vaia máis aló das sesións.
  • Participación: rol do alumno e docente nas actividades.
  • Inclusión social: abrazar a diversidade funcional e étnica.
  • Utopía como realidade xeradora do sentimento de cambio.

Condicións do programa

O proxecto leva a cabo en horario lectivo e, por tanto, trabállase con todo o grupo-aula. O proxecto inclúese na PGA do centro e debe ser previamente aprobado polo claustro escolar. A participación activa do AMPA é moi desexable xa que se traballará coas familias.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión