Concello da Coruña

Concello da Coruña

Así foi a XXXIII Mostra de teatro escolar

Cando:

23 de maio de 2024

Desenvolveuse entre os días 29 de abril ao 14 de maio de 2024, en 10 centros públicos educativos da cidade, coa participación de 11 grupos de teatro de infantil, primaria e secundaria dos centros

Participaron un total de 205 alumnos/as de EI, EP, ESO, bacharelato e 23 profesores/as e realizáronse un total de 22 representacións.

A Mostra de Teatro Escolar ten como obxectivo promover, potenciar e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado dos centros educativos do Concello da Coruña, mediante representacións teatrais en diferentes escenarios, e fomentar a convivencia entre os grupos participantes.

O concello pon á disposición dos grupos un servizo de transporte gratuíto e cada grupo recibirá unha axuda económica de ata 300 € para gastos xerados pola propia actividade teatral.

O programa finalizará cunha gala o venres 14 de xuño, ás 17.00 h, no Fórum Metropolitano. Todas as representacións serán valoradas por un xurado que elixirá a mellor representación en cada unha das categorías -infantil, primaria e secundaria- e que participarán na gala final. Ademais, establécese como premio un cheque por valor de 100 € para cada un dos 3 grupos gañadores.

Programa ao que pertence

  • XXXIII Mostra de Teatro Escolar 2023-24

    Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe ao grupo de teatro do dito centro.

    Máis información
  • XXXIII Mostra de teatro escolar 2024

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión