O alumnado analizará as características dos alimentos ecolóxicos, a súa etiquetaxe e as súas diferenzas respecto dos produtos convencionais. A través de actividades prácticas e comparativas, reflexionará sobre as súas vantaxes e inconvenientes, así como sobre o seu impacto na saúde e o medio ambiente, fomentando un consumo máis consciente e responsable.
Complementaria
Só da Coruña
Público, Concertado, Privado
Este obradoiros teñen como obxectivo que o alumnado coñeza que son os alimentos ecolóxicos e comprenda as súas características principais, desenvolvendo unha actitude crítica ante o seu consumo. Así mesmo, preténdese fomentar hábitos de alimentación saudables e sostibles, promovendo a reflexión sobre o impacto ambiental e social das decisións de consumo.
Alumnado de EI, EP, ESO, BACH e FP.
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Este obradoiro permite ao alumnado comprender as diferenzas entre produtos ecolóxicos e convencionais, favorecendo a adquisición de hábitos de consumo responsables e sostibles. Contribúe ao desenvolvemento do pensamento crítico en relación coa elección de alimentos, así como á concienciación sobre o impacto ambiental do consumo.
Relaciónase directamente cos obxectivos curriculares vinculados á educación para a saúde, a sostibilidade e a educación ambiental, así como co desenvolvemento das competencias clave do alumnado.
Ademais, facilita a súa integración como actividade complementaria na programación do centro, ao estar directamente vinculado con contidos curriculares e competencias clave.
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Teléfono: 981 18 98 20
Fax: 981 18 98 21
Correo electrónico: omic@coruna.es
Páxina Web: www.coruna.es/omic
Coordinadora do Programa: Lidia Mª Blanco Iglesias
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible