Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

Construción de xoguetes 2026-27

Neste obradoiro construímos xoguetes con materiais de refugallo e/ou material natural e fomentamos así o traballo en equipo, a imaxinación e a creatividade. Calquera cousa pode ser un xoguete. Desta maneira, concienciamos e sensibilizamos as nenas e nenos no coidado do medio ambiente e cun consumo responsable de xoguetes.

Servizo municipal:

Consumo

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

Obxecto:

Este obradoiro ten como obxectivo que o alumnado valore a importancia do xogo máis aló do consumo de produtos e fomenta a creatividade e o uso responsable dos recursos. Así mesmo, preténdese promover a reciclaxe e a reutilización de materiais como alternativa sostible.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI e EP.

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Ficha de solicitude

Permite desenvolver a creatividade e a conciencia ambiental e favorecer hábitos de consumo responsable desde a infancia. Contribúe á educación en valores, á sostibilidade e ao desenvolvemento persoal, así como ao desenvolvemento das competencias clave do alumnado. Ademais, facilita a súa integración como actividade complementaria na programación do centro.

Máis información:

Ver as condicións xerais do programa: Os menores e o consumo 2026-27

Contacto:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Sede: R/ Costa da Palloza, 8, 15006  A Coruña 

Teléfono: 981 189 820

Fax: 981 189 821

Correo electrónico: omic@coruna.es

Páxina web: www.coruna.es/omic

Coordinadora do programa: Lidia M.ª Blanco Iglesias

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión