O alumnado analizará as principais causas do desperdicio alimentario e as súas consecuencias a nivel ambiental, social e económico. A través de actividades prácticas, reflexionará sobre os seus propios hábitos de consumo e aprenderá estratexias para reducir o malgasto de alimentos, fomentando un consumo máis responsable e sostible.
Complementaria
Só da Coruña
Público, Concertado, Privado
Este obradoiro ten como obxectivo que o alumnado comprenda a problemática do desperdicio alimentario e os seus impactos sociais, económicos e ambientais. Preténdese fomentar hábitos responsables no consumo de alimentos, promovendo condutas que eviten o malgasto e favorezan unha alimentación máis sostible e consciente.
Alumnado de EP, ESO, BACH. e FP
Dende o 01/10/2025 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Este obradoiro permítelle ao alumnado coñecer as causas e consecuencias do desperdicio alimentario, favorecendo a adquisición de hábitos de consumo responsable e sostible. Contribúe á reflexión sobre o uso adecuado dos recursos e á adopción de condutas que promovan unha alimentación saudable e respectuosa co medio ambiente.
Relaciónase directamente cos obxectivos curriculares vinculados á educación para a saúde, a sostibilidade e a educación ambiental, así como co desenvolvemento das competencias clave do alumnado.
Ademais, facilita a súa integración como actividade complementaria na programación do centro, ao estar directamente vinculado con contidos curriculares e competencias clave.
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Teléfono: 981 18 98 20
Fax: 981 18 98 21
Correo electrónico: omic@coruna.es
Páxina Web: www.coruna.es/omic
Coordinadora do Programa: Lidia Mª Blanco Iglesias
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible