O alumnado realizará actividades prácticas orientadas a identificar a importancia das froitas e verduras na alimentación diaria. Analizaranse hábitos de consumo e propoñeranse dinámicas que fomenten a súa inclusión na dieta, promovendo unha alimentación variada e equilibrada.
Complementaria
Só da Coruña
Público, Concertado, Privado
Este obradoiro ten como obxectivo que o alumnado valore a importancia do consumo de froitas e verduras dentro dunha alimentación equilibrada, desenvolvendo hábitos saudables desde idades temperás. Así mesmo, preténdese fomentar unha actitude positiva cara a estes alimentos e promover a reflexión sobre os propios hábitos alimentarios.
Alumnado de EI, EP e EE.
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Este obradoiro permítelle ao alumnado comprender a importancia dunha alimentación saudable baseada no consumo de froitas e verduras, favorecendo a adquisición de hábitos de vida saudables. Contribúe ao desenvolvemento da educación para a saúde e ao benestar do alumnado, en coherencia cos obxectivos curriculares relacionados coa alimentación, a saúde e a sostibilidade, así como co desenvolvemento das competencias clave do alumnado.
Ademais, facilita a súa integración como actividade complementaria na programación do centro, ao estar directamente vinculado con contidos curriculares e competencias clave.
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Teléfono: 981 18 98 20
Fax: 981 18 98 21
Correo electrónico: omic@coruna.es
Páxina Web: www.coruna.es/omic
Coordinadora do Programa: Lidia Mª Blanco Iglesias
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible