Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os dereitos das persoas consumidoras 2026-27

O alumnado analizará situacións reais e próximas relacionadas co consumo, identificando os dereitos e deberes que interveñen en cada caso. A través de exemplos prácticos e dinámicas participativas, traballarase a detección de posibles conflitos (produtos defectuosos, incumprimentos de condicións, publicidade enganosa etc.) e a forma adecuada de actuar ante eles.

Así mesmo, exporanse casos prácticos nos que o alumnado deberá tomar decisións, argumentar as súas respostas e propoñer solucións, fomentando o pensamento crítico e a participación activa. Promoverase tamén o coñecemento dos mecanismos básicos de protección das persoas consumidoras e a importancia de actuar de maneira informada e responsable nas relacións de consumo.

Servizo municipal:

Consumo

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

Obxecto:

Este taller ten como obxectivo que o alumnado coñeza os seus dereitos e deberes como persoas consumidoras, desenvolvendo unha actitude responsable nas súas relacións de consumo. Ademais, preténdese fomentar a capacidade de identificar situacións de consumo problemáticas e actuar de maneira informada.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP.

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Ficha de solicitude

Este taller permítelle ao alumnado comprender o marco básico dos dereitos e deberes das persoas consumidoras, favorecendo a reflexión sobre o seu papel como consumidor na sociedade. Contribúe ao desenvolvemento dunha cidadanía activa e responsable, en coherencia cos obxectivos curriculares vinculados á educación cívica, a educación en valores e o consumo responsable.

Favorece a identificación de situacións de conflito no ámbito do consumo e o coñecemento dos mecanismos de protección, promovendo a toma de decisións informadas na vida cotiá.

Máis información:

Ver as condicións xerais do programa: Dereitos e deberes das persoas consumidoras 2026-27

Contacto:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006

Teléfono: 981 18 98 20

Fax: 981 18 98 21

Correo electrónico: omic@coruna.es

Páxina Web: www.coruna.es/omic

Coordinadora do Programa: Lidia Mª Blanco Iglesias

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión