Paralelamente ao aumento do nivel de vida, á prosperidade económica e ao progresivo distanciamento da contorna ambiental, os hábitos de consumo da maioría da poboación evolucionaron cara a ignorancia da súa repercusión sobre esa contorna. O principio de "usar e tirar" é o imperante hoxe en día. Reducir o consumo de materias primas, reutilizar manufacturas, pechar os fluxos económicos e ecolóxicos dos recursos limitados e cubrir as necesidades da poboación de maneira sostible son a base da economía circular. No Plan de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña apóstase por unha separación selectiva en orixe que permite unha mellor integración dos residuos nos procesos de reciclaxe e compostaxe.
Medio Ambiente
Complementaria
Só da Coruña
Público, Concertado, Privado
EP (2º, 3º, 4, 5º e 6º), ESO (de 1º a 4º), BACH (2º) e EE. Áreas de interese: "Ciencias da Natureza" en EP; "Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional", "Bioloxía e Xeoloxía" e "Cultura Científica" en ESO e "Ciencias da Terra e do Medio Ambiente" e "Economía" en BACH. Colectivos
Dende o 08/01/2025 ata o 20/06/2025
Xa rematou
Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024
Estrutura
Como consecuencia da pandemia da Covid son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc, que poidamos visitar na saída educativa
Tel.: 981184315
Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible