Actividade inspirada no libro de Francesco Tonucci A cidade dos nenos, que pretende que as nenas e nenos de Educación Primaria participen de forma activa na mobilidade da Coruña para desenvolver e integrar condutas seguras con respecto ao tráfico e tomar conciencia da importancia do coidado do medio na nosa cidade.
Policía Local
Complementaria
Só da Coruña
Alumnado de 5º e 6º de EP.
Dende o 15/10/2021 ata o 15/06/2022
Ver condicións xerais do programa
Xa rematou
Dende o 15/09/2021 ata o 06/10/2021
Inscrición centros
Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"
De 9 a 14h, en función das necesidades dos centros educativos.
Esta actividade baséase na técnica psicopedagóxica de reforzo positivo e negativo, na procura dunha aprendizaxe significativa por descubrimento.
Neste tramo de idades o alumnado comeza a aoptar máis autonomía como peóns e, por tanto, maior conciencia da súa contorna, á vez que empeza a utilizar a bicicleta non só como elemento de xogo senón como vehículo. Aproveitando a súa gran curiosidade é importarche guiarlles na súa interacción coa rúa, co tráfico, e aprender a participar como cidadás e cidadáns activos velando pola súa seguridade e, ao mesmo tempo, propoñendo desde unha postura crítica solucións para conseguir unha cidade cunha mobilidade amable e sustentable.
ACTIVIDADE:
A actividade consiste en dividir o alumnado en dous grupos. Un dos grupos terá un "boletín de denuncias simbólico", co que poderán denunciar todas aquelas accións que consideren inconvenientes e sancionables, mentres que o segundo grupo dispoñerá dunha flor feita na clase, que repartirá aos cidadáns e cidadás premiando as condutas cívicas e que promovan a mobilidade sustentable.
Recursos persoais:
Profesorado que acompañe ao alumnado.
Tempo de duración das actividades:
2 horas: 1 hora para a charla no centro e 1 hora para o percorrido.
Coordinadora da actividade de Educación Viaria: Silvia Castro Rodríguez
Policía Local - Concello da Coruña. Tlfo.: 981184200 Ext.:54006/08
Dirección de correo electrónico: s.castro@coruna.es
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible