O alumnado aprenderá a diferenciar entre alimentos e nutrientes, coñecerá as funcións dos principais nutrientes e analizará a pirámide e a roda da alimentación. A través de actividades prácticas, traballará a elaboración de menús equilibrados e reflexionará sobre os seus propios hábitos alimentarios.
Complementaria
Só da Coruña
Público, Concertado, Privado
Este taller ten como obxectivo que o alumnado coñeza os principios básicos dunha alimentación saudable e equilibrada, comprendendo a diferenza entre alimentos e nutrientes e a súa función no organismo. Así mesmo, preténdese fomentar hábitos alimentarios adecuados e promover a toma de decisións responsables relacionadas coa alimentación e a saúde.
Alumnado de EI, EP, ESO, BACH e FP
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Este taller permítelle ao alumnado adquirir coñecementos sobre nutrición e dieta equilibrada, favorecendo a comprensión da relación entre alimentación e saúde. Contribúe ao desenvolvemento de hábitos de vida saudables e ao pensamento crítico na elección de alimentos, en coherencia cos obxectivos curriculares relacionados coa educación para a saúde e o benestar, así como co desenvolvemento das competencias clave do alumnado.
Ademais, facilita a súa integración como actividade complementaria na programación do centro, ao estar directamente vinculado con contidos curriculares e competencias clave.
OMIC. Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras
Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Teléfono: 981 189 820
Fax: 981 189 821
Correo electrónico: omic@coruna.es
Páxina web: www.coruna.es/omic
Coordinadora do programa: Lidia M.ª Blanco Iglesias
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible