Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

Personaxes da cidade 2020-21

Itinerario: praza de María Pita - baluarte do Parrote - praciña de Santo Domingo - Xardín de San Carlos

Itinerario Smart: posibilidade de acceder ao percorrido virtual a través desta ligazón

Inicio: as persoas participantes apearanse do transporte na parada de autobuses de Porta Real.

Final: o transporte recollerá as e os participantes na parada de autobuses de Porta Real.

Duración: 90 minutos

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Privado, Público, Concertado

Obxecto:

  • Recoñecer a importancia das persoas ao longo da historia e valorar as súas actitudes que determinaron cambios na historia
  • Coñecer algúns personaxes a través de fontes históricas
  • Aprender a valorar e conservar o patrimonio histórico-artístico favorecendo o coñecemento da cidade

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1.º e 2.º de ESO

Cando:

Véxanse as condicións xerais do programa.

Inscricións:

Véxanse as condicións xerais do programa.

Personaxes da historia ou habitantes da cidade pero todos persoas que merecen ser recoñecidas, persoas cuxas historias transcenderon, persoas dedicadas ás letras, á liberdade, ou á beneficencia. Todas elas teñen algo en común, son personaxes da nosa historia local.

Metodoloxía

A través dun pequeno caderno as/os escolares realizan distintas actividades relacionadas co itinerario e cos personaxes. As actividades tratan de lembrar o máis característico dos personaxes a través de fontes históricas.

Competencia: cultural - artística

  • Coñecer, valorar e gozar o contorno natural, social e cultural, e as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación
  • Coñecer, comprender, valorar e respectar, as diferentes culturas e os seus patrimonios.

Desenvolvemento

  • Parada 1: Isabel Zendal e a expedición Balmis

  • Parada 2: María Barbeito, a profesora da coeducación

  • Parada 3: Margery Kemper. Os peregrinos no Camiño Inglés

  • Parada 4: Emilia Pardo Bazán, a intelectual

  • Parada 5: Concepción Arenal, a visitadora de cárceres

Contacto:

Susana Vara Bilbao

Tel.: 981 184 200 ext. 12047

Fax: 981 184 370

Correo electrónico: educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión