Análise de anuncios en diferentes medios para identificar técnicas publicitarias, estereotipos e mensaxes implícitas.
Consumo
Complementaria
Só da Coruña
Público, Concertado, Privado
Este obradoiro ten como obxectivo que o alumnado analice a publicidade nos distintos medios de comunicación e que desenvolva unha actitude crítica ante as mensaxes publicitarias e os estereotipos que transmiten. Ademais, preténdese fomentar un consumo responsable e consciente.
Alumnado de EP, ESO, BACH e FP
Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Este obradoiro permítelle ao alumnado comprender a evolución e o impacto da publicidade na sociedade e favorece o desenvolvemento do pensamento crítico en relación coas mensaxes comerciais. Contribúe á educación en valores e á alfabetización mediática, en coherencia cos obxectivos curriculares e o desenvolvemento das competencias clave do alumnado. Ademais, facilita a súa integración como actividade complementaria na programación do centro.
Ver as condicións xerais do programa: Publicidade e consumo 2026-27
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sede: R/ Costa da Palloza, 8, 15006 A Coruña
Teléfono: 981 189 820
Fax: 981 189 821
Correo electrónico: omic@coruna.es
Páxina web: www.coruna.es/omic
Coordinadora do programa: Lidia M.ª Blanco Iglesias
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible