Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

Publicidade "verde" 2026-27

Análise de campañas publicitarias que utilizan argumentos ecolóxicos, con identificación de prácticas enganosas ou pouco rigorosas.

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

Obxecto:

Este obradoiro ten como obxectivo que o alumnado recoñeza as estratexias de márketing asociadas á publicidade ambiental e que desenvolva unha actitude crítica fronte á publicidade ambiental enganosa. Ademais, preténdese fomentar un consumo responsable e consciente.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2027

Ficha de solicitude

Permítelle ao alumnado analizar o uso de mensaxes ambientais na publicidade e favorece o pensamento crítico e a educación en sostibilidade. Contribúe á educación ambiental e ao consumo responsable, en coherencia cos obxectivos curriculares e as competencias clave do alumnado. Ademais, facilita a súa integración como actividade complementaria na programación do centro.

Máis información:

Ver as condicións xerais do programa: Publicidade e consumo 2026-27

Contacto:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Sede: R/ Costa da Palloza, 8, 15006 A Coruña

Teléfono: 981 189 820

Fax: 981 189 821

Correo electrónico: omic@coruna.es

Páxina web: www.coruna.es/omic

Coordinadora do programa: Lidia M.ª Blanco Iglesias

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión