Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Alcance: prevención de hábitos nocivos asociados ao comezo de consumo de drogas 2021-22
O obradoiro combina a intervención grupal con intervencións individuais, en casos de risco verificado, co/a menor e a súa familia.
O centro escolar que detecte un caso concreto de conduta problemática asociada ao comezo de consumo de drogas e estea interesado nesta actuación, pode solicitar esta intervención.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Benestar social
Tipo de actividade:
Complementaria
Titularidade do centro:
Público, Concertado, Privado
A quen vai dirixido?:
Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato ou ciclos medios de Formación Profesional, ambos de 16 a 18 anos no que se detecta por parte do centro escolar casos concretos de condutas problemáticas asociadas ao consumo de drogas.
Obxecto:
Fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de drogas.
Completar os coñecementos dos alumnos en materia de prevención de drogodependencias e hábitos saudables
Promover o labor de mediación entre o alumnado e evitar o inicio e a consolidación de hábitos nocivos de consumo
Intervir en casos concretos con condutas problemáticas asociadas ao consumo de drogas que o centro educativo detecte.
A intervención grupal realízase en dúas sesións de 50 minutos a concertar. A intervención individual desenvólvese en sesións a concertar.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible