A realización deste programa suspéndese para a edición 2020-2021 debido á situación de alerta sanitaria xerada pola COVID-19.
Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o Grao 11 en EE. UU. -equivalente a 1.º de Bacharelato.
De calquera concello
Educación
Outras
Privado, Público, Concertado
Alumnado residente na Coruña que estea a cursar 4.º de ESO durante o curso 2019/20 e que estean en condicións de cursar 1.º de Bacharelato durante o curso 2020/21.
O programa ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.
O numero de prazas dispoñibles son 60, as cales se xestionan mediante a concesión de bolsas. O custo praza é de 10.833,33€
As bases do programa están publicadas no BOP do 8/11/2019. Cabe ter en conta a corrección de erros nas bases publicada no BOP do 15/11/2019.
REQUISITOS
Persoas empadroadas no Concello da Coruña desde o 1 de setembro de 2019.
Estar matriculada e estudar 4º de ESO no curso 2019-20.
Obter en 3º de ESO unha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
Obter en 3º de ESO unha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).
TIPO DE BOLSA
Bolsa total. Serán beneficiarias as persoas seleccionadas que non superen os 9 000,00 € anuais de renda perPita cá . O cálculo da renda efectuarase segundo establécese nas bases.
Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 95 % e un mínimo do 5 % do custo total das prazas do alumnado seleccionado que supere os 9 000,00 € anuais perPita cá .
DIÑEIRO DE PETO
As persoas seleccionadas dispoñerán de 100 €/mensuais como diñeiro de peto para os seus gastos persoais.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
Dende o 01/08/2020 ata o 30/06/2021
A estancia en EE.UU. comezará en agosto de 2020 e finalizará en xuño de 2021 (aprox.), incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa.
Xa rematou
Inscrición alumnado
Ficha de solicitude específica BOLSAS USA 2020-21
Do 18 de novembro ao 10 de decembro de 2019 ás 14:00h. (antes desta data non estará operativa).
becasusa.es
Consulta nesta web as preguntas frecuentas e a información máis relevante sobre o programa.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible