O concurso "Agora imos andando ao cole" trátase dunha actividade educativa dirixida ao alumnado de 3.º a 6.º de EP dos centros educativos da Coruña.
A través da expresión artística e escrita, preténdese fomentar a reflexión sobre a mobilidade segura e sustentable, promovendo o camiño escolar como unha alternativa saudable, autónoma e respectuosa coa contorna.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria dos centros educativos públicos, concertados e privados da cidade.
A iniciativa pretende implicar ao alumnado como protagonista na construción dunha cultura de mobilidade responsable, favorecendo a creatividade, a participación e o compromiso coa seguridade viaria desde idades temperás.
O concurso ten como finalidade promover os camiños escolares seguros e fomentar hábitos de mobilidade activa, segura e sustentable nos desprazamentos cotiáns ao centro educativo.
Mediante a realización de debuxos e cartas, o alumnado poderá expresar as súas ideas, propostas e reflexións sobre a importancia de camiñar ao colexio de forma segura, favorecendo a creatividade, a expresión artística e escrita, a educación en valores e o desenvolvemento de actitudes responsables relacionadas coa convivencia, a autonomía e o respecto polo espazo público.
Como actividade previa, os grupos participantes recibirán un taller educativo e participativo sobre mobilidade segura e sustentable, que servirá de base para a elaboración dos traballos presentados ao concurso.
Cada centro educativo realizará unha preselección e remitirá a STOP Accidentes Galicia un máximo de 15 traballos (cartas e/ou debuxos), acompañados da relación do alumnado seleccionado e do título de cada obra.
O alumnado poderá participar en ambas as modalidades (carta e debuxo), aínda que unicamente un dos traballos poderá resultar finalista.
Premios
Premiaranse quince traballos entre as modalidades de debuxo e carta. Doce deles ilustrarán os meses do calendario anual de STOP Accidentes Galicia e os tres restantes corresponderán a premios especiais destinados á portada e ás páxinas de presentación do calendario.
O alumnado gañador recibirá un premio relacionado coa seguridade viaria e, entre todas as persoas participantes finalistas, sortearanse un agasallo.
A entrega de premios para o alumnado gañador terá lugar no Salón de Plenos do Concello da Coruña no mes de decembro de 2026.
Dende o 15/09/2026 ata o 18/12/2026
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
A inscrición será de centros educativos.
Enviando un correo electrónico a ancasgalicia@stopaccidentes.org .
STOP Accidentes Galicia
Rúa/ Río Monelos, 20, 1º Dereita. Oficina 4. 15006 - A Coruña
Responsable do programa: Ángela M.ª Jiménez Quirós.
Teléfono: 981 289 368 / 667 309 450
Horario: de 09.00 a 15.00 horas
Correo electrónico: ancasgalicia@stopaccidentes.org
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible