O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz da infancia ás políticas públicas do Concello.
Só da Coruña
Participación
Outras
Público, Concertado
Alumnado de 5.º e 6.º de EP dos centros públicos e concertados da Coruña.
Gratuíto.
O obxectivo último deste programa é a activación do CLIAC, un órgano representativo onde nenos e nenas de toda a cidade sexan os/as representantes da infancia e trasladen ao Concello as necesidades, propostas e suxestións ao redor das cuestións que lles afectan no día a día, para exercer así o seu dereito á participación e levar á práctica o traballo de cidadanía participativa.
Como pasos previos á constitución deste órgano, é preciso realizar un traballo previo co alumnado, tanto nas aulas como fóra. Este traballo será liderado polo profesorado de 5.º e 6.º de EP (e poderá ter continuidade algún menor que pase a bacharelato), que se apoiará nunha guía didáctica para o traballo na aula e compartirá co seu alumnado contidos e dinámicas sobre dereitos da infancia, participación cidadá e valores democráticos e facilitará que nenos e nenas comecen a valorar os procesos participativos e recoñezan a súa capacidade para formaren parte do primeiro órgano representativo da infancia na cidade.
Con este grupo, formado por nenas e nenos de todos os centros participantes, realizaranse unha serie de sesións formativas, charlas e visitas en horario extraescolar, que os/as prepararán para a participación no CLIAC.
Actualmente, as persoas que participan no CLIAC son 45 nenos/as que cursan os seus estudos en trece centros educativos:
Ademais, algúns/algunhas participantes do CLIAC forman parte actualmente do Consello Autonómico de Infancia e do Consello Asesor de Infancia de UNICEF, entidades coas que colaboramos activamente, especialmente no Día da Infancia (20/11/2026), coa celebración dun Pleno extraordinario conmemorativo dese día.
Celebración do Pleno do CLIAC
O Pleno do CLIAC realizarase a finais do mes de xuño de 2027 (data por determinar) no salón de plenos municipal do Concello da Coruña.
Haberá un ensaio previo uns días antes.
Durante o curso escolar realizaranse unha serie de sesións formativas, charlas e visitas en horario extraescolar.
O pleno do CLIAC celebrarase a finais do mes de xuño de 2027 (data por determinar) no Salón de Plenos municipal do Concello da Coruña. Haberá un ensaio previo uns días antes.
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Dossier da actividade e guía para o traballo autónomo na aula para o profesorado.
Se queres coñecer máis sobre este proceso, podes ver o seguinte vídeo.
Na canle de YouTube do Servizo Municipal de Educación están dispoñibles os vídeos deste programa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible