Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consello Local da Infancia e a Adolescencia da Coruña 2026-27

O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia e da Adolescencia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz da infancia e a adolescencia ás políticas públicas do Concello.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Participación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EP e de 1º e 2º de ESO dos centros públicos e concertados da Coruña.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

  • Fomentar a participación cidadá entre a infancia e a adolescencia da cidade, entendéndoa como un dereito básico deste segmento de poboación.
  • Constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz da infancia e adolescencia ás políticas públicas do Concello.
  • Dar continuidade ao traballo xa iniciado por un grupo de centros no ano 2021, aproveitando o traballo xa xerado e consolidando ese núcleo activado de participación.
  • Tecer unha rede de centros, docentes, familias e alumnado interesados no ámbito da participación cidadá e a infancia.

O obxectivo último deste programa é a activación do CLIAC, un órgano representativo onde nenos e nenas de toda a cidade sexan os/as representantes da infancia e da adolescencia e trasladen ao Concello as necesidades, propostas e suxestións ao redor das cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito á participación e levando á práctica o traballo de cidadanía participativa.

Como pasos previos á constitución deste órgano é preciso realizar un traballo previo co alumnado, tanto nas aulas como fose. Este traballo será liderado polo profesorado de 5º e 6º de EP e 1º e 2º de ESO, que se apoiará nunha guía didáctica para o traballo na aula e compartirá co seu alumnado contidos e dinámicas sobre dereitos da infancia, participación cidadá e valores democráticos, facilitando que nenos e nenas comecen a valorar os procesos participativos e recoñezan a súa capacidade para formar parte do primeiro órgano representativo da infancia e a adolescencia na cidade.

Con este grupo, formado por nenas e nenos de todos os centros participantes, realizaranse unha serie de sesións formativas, charlas e visitas en horario extraescolar, preparándoos para a participación no CLIAC.

No curso pasado, participaron no CLIAC 45 nenos/as que cursan os seus estudos en trece centros educativos:

  • CEIP Anxo da Guarda
  • CEIP María Pita
  • CEIP Ramón de la Sagra
  • CEIP Sal Lence
  • CEIP San Pedro de Visma
  • CEIP Víctor López Seoane
  • IES Sardiñeira
  • CPR Cid
  • CPR Grande Obra de Atocha
  • CPR Karbo
  • CPR Salesianos San Juan Bosco
  • CPR Santa María del Mar
  • CPR Santo Domingo

Ademais, algúns /as participantes do CLIAC forman parte do Consello Autonómico de infancia e do Consello Asesor de Infancia de UNICEF, entidades coas que colaboramos activamente, especialmente no Día da infancia (20/11/2026), coa celebración dun pleno extraordinario conmemorativo dese día.

Celebración do pleno do CLIAC

O pleno do CLIAC celebrarase a finais do mes de xuño de 2027 (data por determinar) no Salón de Plenos municipal do Concello da Coruña.

Haberá un ensaio previo uns días antes.

Cando:

Durante o curso escolar realizaranse unha serie de sesións formativas, charlas e visitas en horario extraescolar.

O pleno do CLIAC celebrarase a finais do mes de xuño de 2027 (data por determinar) no Salón de Plenos municipal do Concello da Coruña. Haberá un ensaio previo uns días antes.

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200, ext. 10260

cliac@coruna.gal

Recursos materiais:

Dossier da actividade e guía para o traballo autónomo na aula para o profesorado.

Máis información:

Se queres coñecer máis sobre este proceso, podes ver o seguinte vídeo.

Na canle de YouTube do Servizo Municipal de Educación están dispoñibles os vídeos deste programa.

Documentos relacionados

  • Aprobación inicial do Regulamento do Consello Local da Infancia e Adolescencia da Coruña (138 KB)
  • Manifesto elaborado polo CLIAC con motivo do 8M do ano 2026 (60 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión