Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cosmética natural e consumo consciente de produtos de hixiene 2025-26

A través dunha metodoloxía práctica e participativa, o alumnado explorará que conteñen realmente os produtos que utiliza a diario, desde cremas ata xeles de baño. Analizaranse etiquetas, identificando ingredientes nocivos e recoñecendo certificacións ecolóxicas. Presentaranse alternativas naturais e receitas sinxelas para elaborar produtos de hixiene persoal como exfoliantes, desodorizantes ou bálsamos labiales, fomentando o consumo responsable e a redución de envases.

O taller incorpora dinámicas de reflexión e pequenos retos para aplicar o aprendido na vida cotiá.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Consumo

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

Obxecto:

Promover no alumnado unha actitude crítica e responsable fronte ao consumo de cosméticos e produtos de hixiene, incentivando o uso de alternativas naturais e sustentables que reduzan o impacto ambiental.

Obxectivos específicos

  • Identificar os principais compoñentes de cosméticos e produtos de hixiene, analizando os seus efectos na saúde e o medio ambiente.
  • Aprender a ler e comprender etiquetas, diferenciando ingredientes e recoñecendo selos ecolóxicos e certificacións.
  • Coñecer opcións naturais e caseiras para a elaboración de produtos de hixiene persoal.
  • Valorar a importancia de reducir envases e residuos plásticos asociados ao consumo cosmético.
  • Desenvolver hábitos de compra responsable priorizando a sustentabilidade.

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Contacto:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Custa Palloza, 8. A Coruña, 15006.

Tel.: 981 18 98 20

omic@coruna.es

ww.coruna.es/omic

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión