Concello da Coruña

Concello da Coruña

De aquí coma ti - Hóckey Club Liceo

Visita aos colexios dun xogador do Hóckey Club Liceo.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria dos centros da cidade.

Terán prioridade os centros públicos.

Horario:

As visitas realizaranse en horario de mañá e terán unha duración aproximada de 1 hora.

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

  • Transmitir os valores do deporte, neste caso do hóckey sobre patíns.
  • A importancia do deporte como método de vida saudable.
  • A importancia dos bos hábitos e dunha boa nutrición.
  • Charla sobre como un xogador ou xogadora chega a ser profesional neste deporte.
  • Como compaxinar o deporte cos estudos.
  • Como xogadores/as galegos/as e coruñeses/as que estudaron en colexios da cidade chegan ao primeiro equipo do HC Liceo, xogando na OK Liga e na Champions.
  • Sinatura de postais.
  • Invitación aos menores para asistir a un partido no Palacio Municipal de Riazor, xunto cun familiar.

Dentro do calendario indicado (ver apartado "Cando"), os centros poderán solicitar a visita dun dos xogadores profesionais do Hockey Club Liceo.

O día e a hora da actividade fixarase de acordo á planificación e dispoñibilidade dos xogadores do Liceo Hóckey Club. A visita realizarase en horario de mañá, no propio centro. A duración aproximada é de 1 hora.

A visita poderase realizar nunha clase determinada ou no salón de actos, a elección do centro.

Na visita, ademais de recibir unha charla e falar co xogador, entregaranse postais asinadas polo xogador (ata un máximo de 600 por centro).

Cando:

Dende o 13/10/2026 ata o 18/12/2026

Semanas nas que se levará a cabo o programa:

  • 13 a 16 de outubro
  • 2 a 6 de novembro
  • 9 a 13 de novembro
  • 23 a 28 de novembro
  • 30 de novembro a 4 de decembro
  • 14 a 18 de decembro

O día e a hora da actividade fixarase de acordo á planificación e dispoñibilidade dos xogadores do Liceo Hóckey Club.

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 30/09/2026

Os colexios inscribiranse a través da ficha de Coruña Educa: ficha de solicitude.

No caso de que se exceda a demanda, terán preferencia os centros públicos.

Se o número de colexios públicos supera os 10, realizarase un sorteo.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel: 981 18 42 00 ext. 10179

educacion@coruna.gal

Organiza:

Servizo Municipal de Educación, en colaboración co Hóckey Club Liceo

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión