Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Programa de educación ambiental que explica a orixe e a calidade do aire que respiramos nas contornas urbanas, os seus efectos na saúde e o medio ambiente, e como nosas accións poden melloralo.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Medio Ambiente
Tipo de actividade:
Complementaria
Titularidade do centro:
Público, Concertado, Privado
A quen vai dirixido?:
Alumnado de 3º a 6º de EP e de 3º e 4º de ESO dos centros da cidade.
Obxecto:
Sensibilizar ao alumnado co coidado da atmosfera.
Ofrecerlles unha diversidade de experiencias e unha comprensión fundamental do valor do aire que nos rodea e os perigos que o ameazan.
Identificar os causantes da contaminación atmosférica e resolver os problemas ambientais derivados.
Informar dos labores que desde o Concello levan a cabo no control da calidade do aire.
A atmosfera é imprescindible para a vida na Terra. O ser humano altéraa e modifica ata tal punto que a consecuencia é a súa contaminación, con gran repercusión nos seres vivos. O primeiro no que pensamos con contaminación "do aire" é en cambios na composición química da atmosfera debidos á existencia de gases e compostos nocivos; pero tamén o ruído é un dos axentes contaminantes máis importantes; ou a "contaminación lumínica", con gran repercusión nos ciclos da vida.
Estrutura
Cada módulo responde as necesidades do seu nivel educativo:
Módulo 1: O aire e o clima na Coruña (3º e 4º de EP)
Charla interactiva (1 hora): Explorando o aire e o clima.
Taller (1 hora): Construímos a nosa estación meteorolóxica.
Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Visita ao Centro Municipal para o Clima e a Enerxía Sustentable "Fernando Roade" (Bens).
Módulo 2: O aire que respiramos (5º e 6º de EP)
Charla interactiva (1 hora): O aire que respiramos.
Taller (1 hora): Xogos cooperativos: un patio saudable.
Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Visita á Estación de vixilancia da calidade do aire da Praza de Pontevedra.
Módulo 3: Medindo a calidade ambiental (3º e 4º de ESO)
Charla interactiva (1 hora): A ciencia do aire.
Taller (1 hora): Do dato á acción.
Saídas, conclusións e reflexión (2 horas):Visita á Estación de vixilancia da calidade do aire da Praza de Pontevedra.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible