Concello da Coruña

Concello da Coruña

Enerxía e cambio climático 2025-26

Programa de educación ambiental destinado a recoñecer os recursos enerxéticos e fomentar un aforro enerxético eficaz.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de todos os cursos de ESO, BACH e FP dos centros da cidade.

Obxecto:

  • Comprender a relación entre consumo de enerxía e cambio climático. O alumnado identificará como as fontes e formas de uso da enerxía contribúen ás emisións e os seus efectos sobre o clima.
  • Fomentar hábitos de aforro enerxético e uso eficiente dos recursos. Impulsaranse prácticas cotiás que reduzan o consumo de enerxía, tanto en casa como no centro educativo.
  • Sensibilizar sobre as alternativas baseadas en enerxías renovables e sustentables. O alumnado coñecerá as vantaxes das enerxías limpas e o seu papel na transición cara a un modelo enerxético menos contaminante e máis xusto.

O cambio climático é un dos maiores retos globais do noso tempo e está estreitamente vinculado á forma en que producimos e consumimos enerxía. Comprender esta relación é clave para que o alumnado adquira unha visión clara de como as emisións de gases de efecto invernadoiro afectan o clima e como as decisións enerxéticas que adoptamos a nivel local e individual poden contribuír a mitigar este fenómeno.

Abordar estas cuestións no ámbito educativo permite promover actitudes responsables cara ao uso da enerxía, favorecendo o aforro, a eficiencia e o coñecemento das enerxías renovables. Ademais, conecta ao alumnado cos retos de sustentabilidade global, á vez que lles capacita para ser axentes de cambio dentro da súa contorna, tanto en casa como na escola e a comunidade.

Estrutura

Cada módulo responde as necesidades do seu nivel educativo:

Módulo 1: O que di a ciencia do cambio climático (ESO, BACH e FP)

  • Charla interactiva (1 hora): Dio a ciencia.
  • Taller (1 hora): Dinámica participativa: desmontando bulos.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Centro Municipal para o Clima e a Enerxía Sustentable "Fernando Roade" e o módulo bioclimático A Vieira.

Módulo 2: Cambio climático, acción local e solucións baseadas na natureza (ESO, BACH e FP)

  • Charla interactiva (1 hora): Cambio climático, acción local e solucións baseadas na natureza.
  • Taller (1 hora): Xogo de simulación "No Cume do Clima".
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Centro Municipal para o Clima e a Enerxía Sustentable "Fernando Roade" e Edar de Bens .

Cando:

Dende o 04/11/2025 ata o 19/06/2026

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Medio Ambiente

Tel.: 981 184 315

educacionambiental@coruna.gal

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

Recursos materiais:

Materiais de apoio:

  • Manual do profesorado.
  • Manual do alumnado.

Máis información:

Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2025-2026.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión