Os barrios como espazos de memoria e identidade: Espías no tempo é un programa educativo gratuíto dirixido ao alumnado de 5.º e 6.º de EP dos CEIP da cidade, que os convida a descubrir a historia e o patrimonio do seu barrio coa intención de xerar un sentimento de pertenza local e contribúe a fomentar a aprendizaxe significativa a través da experiencia directa.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Público
Alumnado de 5.º e 6.º de EP dos CEIP da cidade
O programa realízase en horario escolar, preferiblemente ás 10.00 h. Este horario pódese adaptar ás necesidades do centro.
Ten unha duración total de 90 minutos e estrutúrase en dúas partes complementarias:
Esta metodoloxía combina aprendizaxe activa, descubrimento e experiencia directa, e implica o alumnado no proceso de coñecemento da súa propia contorna.
Espías no tempo convida o alumnado a descubrir a historia, o patrimonio e a memoria dos barrios da Coruña a través dunha proposta educativa que converte a contorna próxima nun espazo de aprendizaxe e investigación.
Cunha metodoloxía baseada na observación, o descubrimento e a experiencia directa, o alumnado explora o seu barrio dende unha perspectiva histórica, social e cultural, establece relacións entre o pasado e o presente e desenvolve unha mirada máis consciente sobre o lugar no que vive.
A proposta contribúe ao desenvolvemento de competencias relacionadas coa investigación e o tratamento da información, a comunicación lingüística, a competencia cidadá, a conciencia e expresión culturais e o coñecemento e interpretación da contorna, facilita a súa vinculación con situacións de aprendizaxe e proxectos vinculados ao patrimonio, a memoria colectiva e a realidade próxima.
Así mesmo, o programa promove o sentimento de pertenza local e o recoñecemento do patrimonio como ben común, e busca implicar o alumnado na súa conservación, valoración e difusión. Deste xeito, a cidade e os seus barrios convértense en recursos educativos capaces de xerar aprendizaxes significativas, fortalecer a identidade local e favorecer unha cidadanía máis comprometida coa súa contorna.
O programa Espías no tempo propón aprender do pasado da cidade a través dos seus barrios. Ante a diversidade de barrios na cidade, posuidores cada un dunha identidade e tradicións propias, nace un programa para que o alumnado dos centros educativos poida coñecelos.
Obxectivos xerais
Obxectivos especificos
Condicións do programa
Calendario
O programa desenvolverase a partir do 2 de novembro. A comunicación cos centros para programar as datas que mellor se axusten ás súas necesidades será anterior a esa data.
Dende o 02/11/2026 ata o 26/01/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Federación das ANPA de centros públicos
R/ Orzán, 21. 15001 A Coruña
Servizo Municipal de Educación
Teléf.: 981 184 200 ext. 10127
O programa conta con cadernos de actividades específicos para cada barrio, que servirán de material de apoio para desenvolver a actividade.
O persoal que leva a cabo o programa está formado por especialistas da Federación das ANPA de centros públicos da Coruña
Servizo Municipal de Educación
Entrevista realizada ao profesorado e ao alumnado do CEIP de Prácticas da Coruña tras participar no programa:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible