Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Normalización Lingüística
Tipo de actividade:
Complementaria
Titularidade do centro:
Público, Concertado, Privado
A quen vai dirixido?:
Alumnado de EP e ESO dos centros do Concello da Coruña
Prezo / Custo:
Gratuíto
Obxecto:
Os obxectivos máis concretos do programa "Falamos" son os seguintes:
Promover e fomentar a utilización da lingua galega nos centros de educación primaria e secundaria da Coruña.
Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente como no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.
Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.
Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado da lingua galega.
Superar vellos prexuízos, presións globalizadoras e inercias negativas.
Procurar espazos de uso e de lecer en lingua galega que sexan de calidade para o alumnado dos centros de ensino da nosa cidade.
O Servizo de Normalización Lingüística ten establecidas, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzar na normalización social do galego. Entre estes atópase o programa "Falamos".
A actividade realizarase no auditorio do Centro Ágora para o alumnado e profesorado dos centros que a demanden, por orde de inscrición.
Falamos primaria:
2 actuacións musicais da Gramola Gominola, o martes 21 de outubro, unha ás 10.00 horas e outra ás 12.00 horas
2 actuacións musicais da Banda do Verán, o mércores 5 de novembro, unha ás 10.00 horas e outra ás 12.00 horas
Falamos secundaria:
2 charlas-concerto de Pauliña, o mércores 22 de outubro, unha ás 10.00 horas e outra ás 12.00 horas
2 charlas-concerto de Manuel Núñez Singala e MJ Pérez, o martes 4 de novembro, unha ás 10.00 horas e outra ás 12.00 horas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible