Concello da Coruña

Concello da Coruña

Falamos 2026-27

O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Normalización Lingüística

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1.º e 2.º de BACH dos centros do Concello da Coruña

Horario:

Realizaranse dúas sesións: unha ás 10:00 e outra ás 12:00 horas.

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

Os obxectivos máis concretos do programa "Falamos" son os seguintes:

  • Promover e fomentar a utilización da lingua galega nos centros de educación primaria e secundaria da Coruña.
  • Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente como no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.
  • Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.
  • Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado da lingua galega.
  • Superar vellos prexuízos, presións globalizadoras e inercias negativas.
  • Procurar espazos de uso e de lecer en lingua galega que sexan de calidade para o alumnado dos centros de ensino da nosa cidade.

O Servizo de Normalización Lingüística ten establecidas, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzar na normalización social do galego. Entre estes atópase o programa "Falamos".

A actividade realizarase no auditorio do Centro Ágora para o alumnado e profesorado dos centros que a demanden, por orde de inscrición.

Falamos secundaria:

2 charlas de "O galego nas redes sociais", de Orgullo Galego, o mércores 28 de outubro. Unha ás 10.00 e outra ás 12.00 horas, no Centro Ágora (300 prazas de capacidade).

Charlas formativas para mostrarlle ao alumnado a situación do idioma galego en Internet, dar a coñecer distintas persoas creadoras de contido no noso idioma, explicar o éxito da plataforma Orgullo Galego etc.

Cando:

28/10/2026

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Ficha de inscrición

Confirmarase a inscrición aos centros por orde de solicitude ata completar a capacidade do auditorio.

Contacto:

Servizo de Normalización Lingüística

Tel.: 981 184 200, exts. 34311, 34310, 34333

lingua@coruna.gal

inscricionslingua@coruna.es

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión