Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A presenza de todo tipo de mascotas acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. Tanto en número como en variedade de especies. E nos últimos anos apareceron diversas normativas que intentan xestionar a súa tenza, intentando adiantarse ou reconducir varios problemas que enturban a relación entre humanos e animais: os malos tratos animais e a tenza responsable; a introdución de especies invasoras; o comercio de especies vulnerables.
Como afectan estas normativas á nosa relación coas mascotas? Estamos dispostos/as a asumir estas obrigas legais e éticas para con elas?
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Medio Ambiente
Tipo de actividade:
Complementaria
A quen vai dirixido?:
Alumnado de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de ESO; 1.º e 2.º de BACH; FP.
Obxecto:
Coñecer e valorar as obrigas, compromisos e satisfaccións da tenza responsable como mellor forma de previr os malos tratos animais.
Coñecer a existencia e funcionamento do Servizo de Recollida e Adopción de Animais Domésticos e da Canceira Municipal de Bens.
Coñecer a dimensión social dos problemas que as mascotas poden causar na convivencia cidadá e a forma de previlos.
Coñecer a variedade de especies animais dispoñibles no mercado de mascotas e as súas implicacións na conservación da biodiversidade.
Coñecer unha serie de pautas básicas de comportamento para relacionarse cos cans na cidade.
ESTRUTURA
Audiovisual interactivo: proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos. ESO, BACH e FP.
Actividades na aula. Xogo "A gran viaxe dos animais domésticos". Duración aproximada: 60 minutos. ESO, BACH e FP.
Visita guiada á Canceira Municipal de Bens. Duración aproximada: 90 minutos. ESO, BACH e FP.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible