A XIX edición da Feira Matemática é unha xornada para divulgar e profundar na ensino-aprendizaxe das matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, animando a nenos/as e maiores a resolver problemas matemáticos diversos. Está organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).
De calquera concello
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado desde Educación Infantil á Universidade, así como ao profesorado e a todo o público en xeral.
De 11:00 a 20:00 horas
Gratuíto.
Desde o ano 2000, cada 12 de maio celébrase o Día Escolar das Matemáticas, e en Agapema, na Zona da Coruña, celebrámolo dunha forma especial, cunha Feira Matemática.
A celebración, dedicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada centro, cada profesor e/ou cada grupo de alumnos e alumnas pode expoñer/vender/comprar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.
Sábado 14 de marzo, en horario de 11 a 20 horas, no "Hall Proa" de Palexco (Peirao de Transatlánticos s/n, A Coruña).
Ata o 28/02/2026
Os centros interesados en participar, cubrindo unha posta/caseta cos seus estudantes e achegando actividades, poderán inscribirse a través da ficha de inscrición.
As entidades colaboradoras que non necesiten caseta e requiran dunha localización específica no recinto para instalar o seu material non é necesario que cubran o formulario de inscrición. Deberán contactar con agapema no correo feiramatematica@agapema.org especificando no corpo da mensaxe todo o relativo á instalación do mesmo, así como o número de asistentes.
Todas as casetas constarán con dúas mesas de lonxitudes aproximadas 100×40 cm (longo x ancho), 3 cadeiras e un punto de corrente. A altura das mesas é de 100 cm aproximadamente.
Prazo: 28 de febreiro de 2026 (ou ata completar aforamento).
Postos: Limitados
Toda a información será publicada na web da Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA): https://agapema.org/
Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).
Servizo municipal de Educación
Tel.: 981 184 200 ext. 10911
Cada grupo de participantes pode expoñer, vender ou comprar unha ou máis propostas didácticas ou actividades matemáticas entre as que considere oportuno. Cada centro dispoñerá dunha caseta ou posto para mostrar todas as súas experiencias de aula, xogos, exposicións...
Palacio de Exposicións e Congresos - Palexco. Avda. Porto da Coruña 1. 15003 A Coruña
Podes ver toda a información sobre o programa na seguinte dirección: Feira Matemática
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible