A XX edición da Feira Matemática é unha xornada para divulgar e profundar no ensino-aprendizaxe das Matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, en que se anima a nenos/as e maiores a resolveren problemas matemáticos diversos. Está organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).
De calquera concello
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado desde educación infantil ata a universidade, así como ao profesorado e a todo o público en xeral.
De 11.00 a 20.00 horas
Gratuíto.
Desde o ano 2000, cada 12 de maio celébrase o Día Escolar das Matemáticas, e o Concello da Coruña e Agapema festexámolo dunha forma especial, cunha Feira Matemática.
A celebración, dedicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha feira en que cada centro, cada profesor/a e/ou cada grupo de alumnos e alumnas pode expoñer/vender/comprar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportunas.
Data por determinar, no "Hall Proa" de Palexco (Peirao de Transatlánticos, s/n, A Coruña)
Os centros interesados en participaren, cubrindo un posto/caseta co seu estudantado e achegando actividades, poderán inscribirse a través da ficha de inscrición dispoñible na web de Agapema (www.agapema.org).
As entidades colaboradoras que non necesiten caseta e requiran dunha localización específica no recinto para instalaren o seu material non é necesario que enchan o formulario de inscrición. Deberán contactar con Agapema no correo feiramatematica@agapema.org e especificar no corpo da mensaxe todo o relativo á instalación deste, así como o número de asistentes.
Todas as casetas constarán de dúas mesas de lonxitudes aproximadas de 100×40 cm (longo x ancho), 3 cadeiras e un punto de corrente. A altura das mesas é de 100 cm aproximadamente.
Prazo: 28 de febreiro de 2027 (ou ata completar a capacidade).
Postos: limitados
Toda a información será publicada na web da Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (Agapema): https://agapema.org/
Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema)
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200, ext. 10911
Cada grupo de participantes pode expoñer, vender ou comprar unha ou máis propostas didácticas ou actividades matemáticas entre as que considere oportunas. Cada centro disporá dunha caseta ou posto para mostrar todas as súas experiencias de aula, xogos, exposicións...
Palacio de Exposicións e Congresos - Palexco. Avda. Porto da Coruña 1. 15003 A Coruña
Podes ver toda a información sobre o programa no seguinte enderezo: Feira Matemática
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible