Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fomento da lingua galega nas Escolas Infantís Municipais 2026-27

O programa ten como obxectivo o fomento e a dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseándose no Plan xeral de normalización da lingua galega.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Normalización Lingüística

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 0 a 3 anos da Rede de Escolas Infantís Municipais da Coruña

Os obxectivos do programa de fomento e dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseados no Plan xeral de normalización da lingua galega, son:

  1. Contribuír á galeguización de todos os niveis do sistema educativo e á dotación de materiais e recursos ás escolas infantís municipais, principalmente lúdicos, que poidan axudar na consecución desta galeguización.
  2. Axudar a que as familias que teñen o galego como lingua habitual e desexan que as súas fillas e fillos non o perdan ao socializarse, sobre todo coa entrada na escola, poidan lograr o seu obxectivo.
  3. Contribuír a que o sistema educativo dispoña dunha planificación orientada a garantir unha competencia semellante nas dúas linguas oficiais, e máis nun contexto tan castelanizado como o da Coruña.
  4. Ofrecerlles ás EIM máis recursos e materiais para o desenvolvemento das aulas en galego na etapa educativa 0-3 anos, primordialmente lúdicos e didácticos, e que fomenten unha imaxe positiva do galego nas criaturas.

Inscricións:

As compañías contactan directamente coas EIM para acordar o calendario para realizar as actividades en cada escola.

Contacto:

Servizo de Normalización Lingüística

Tel.: 981 184 200, exts. 34311, 34310, 34333

lingua@coruna.gal

Organiza:

Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión