Concello da Coruña

Concello da Coruña

Foro de debate: pensar na igualdade e diversidade con amplitude de miras 2026-27

Este taller trata de fomentar a capacidade de expoñer argumentos propios e reflexionados sobre un contido determinado. Esta aprendizaxe facilítase cando o acompañamento é apropiado, as fontes nas que se fundamentan os argumentos son adecuadas, variadas e a contorna creada na aula dá cabida a un pensamento crítico baseado no cuestionamiento e a pluralidade de opcións.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Igualdade

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º e 4º de ESO, Bacharelato, Formación Profesional Básica e Media.

Horario:

En horario lectivo dos centros educativos.

Obxecto:

  • Contribuír á creación de espazos de confianza que favorezan a reflexión e a participación do alumnado, nos que se poderán abordar diferentes temáticas de interese para a adolescencia e a mocidade que faciliten crear relacións interpersoais, sas, xustas e igualitarias.
  • Recoller o discurso e o sentir das e a adolescentes/mocidade con respecto ás temáticas propostas (darlles voz).
  • Xerar dinámicas de debate que poidan axudarlles a desenvolver un pensamento crítico en relación coas desigualdades e violencias machistas.
  • Sensibilizar a adolescencia e mocidade naquelas temáticas nas que mostran maior interese e preocupación, máis aló das abordadas no currículo escolar.
  • Contribuír a mellorar a capacidade do alumnado para falar, debater en público e defender as súas posturas dunha maneira fundamentada e carente de "agresividade".

As palabras reflicten dun modo profundo os conceptos máis arraigados sobre a nosa visión do mundo e, ao mesmo tempo, moldean a realidade que nos rodea. A través das palabras creamos novos escenarios, novas realidades que transforman o mundo. É por iso que ten un importante papel neste taller o emprego dunha linguaxe inclusiva que promova valores de igualdade e diversidade.

Trátase de crear un espazo de confianza no que se verbalicen as miradas e pensamentos da adolescencia e mocidade, no que poidan compartir visións, valores, críticas e dúbidas achega do mundo que as/os rodea, do que son axentes activos, e por suposto, importantes protagonistas.

Condicións do programa/taller

Contidos

Relación de temáticas que poden ser abordadas nos talleres*:

  • Que é o feminismo? Por que se fala de feminismos e a súa importancia social?
  • A igualdade na contorna dixital: YouTube, Instagram, Tik Tok... e as ciberviolencias de xénero.
  • As diferentes sexualidades e as Lgtbqi+fobias: modelos de masculinidade e feminidade.
  • Aprendizaxe da sexualidade e das relacións afectivo sexuais a través da pornografía.
  • A importancia da música e da publicidade na socialización da infancia, adolescencia e mocidade. Publicidade antisexista e contrapublicidade.
  • Quero ser matemática/o! A diversificación profesional. Profesións sen xénero. Situación actual.
  • Abordaxe da xestión emocional e a súa relación coa saúde mental, tendo en conta a perspectiva de xénero.
  • Abordaxe da diversidade (sexual, funcional, étnica, racial, cultural, imaxe física, identidade e orientación sexo-afectiva) e a súa relación co benestar físico e emocional, tendo en conta a perspectiva de xénero.
  • Activismo e liderado xuvenil: en que punto estamos e cal é o seu papel na consecución da igualdade?

*As temáticas propostas poderán variar ao longo da execución do contrato para adaptarse ás novas realidades e necesidades detectadas polos centros educativos.

Duración

Cada taller terá unha duración máxima de 4 horas. Poderán ser impartidas axustándose á dispoñibilidade do centro educativo, recomendándose dúas sesións secuenciadas consecutivamente o máis próximas posible no tempo.

Metodoloxía

A metodoloxía será participativa. O alumnado terá un importante papel protagonista conforme á natureza do taller, potenciándose tamén o traballo grupal.

Para o desenvolvemento

  • Presentación: a persoa facilitadora explicará en que vai consistir a actividade ao grupo e exporá algunhas indicacións básicas para o debate como as seguintes: argumentar e non facer alusións persoais; respectar as quendas; non gritar nin elevar a voz de forma excesiva; escoitar atentamente para poder rebater, non contestar de modo irreflexivo, persuadir, apaixonarse, pero sen ofender. O debate é toda unha arte, pero o obxectivo non é que profunden na metodoloxía, senón que poidan crear un espazo de conversación aberta e argumentativa, dialogante, que facilite expoñer as súas miradas, puntos de vista, pensamentos sobre o tema para tratar.
  • Preparación: a persoa facilitadora fará unha presentación da temática escollida e proprá varias cuestións como punto de inicio para a preparación do debate. Empregaranse datos, vídeos, noticias de actualidade etc, para encadrar, contextualizar o tema. O alumnado por equipos, prepararán os seus argumentos antes de iniciar o debate.
  • Debate: de maneira ordenada irán intervindo, guiados/as pola persoa facilitadora, procurando que os argumentos teñan un fío condutor, áxil, que facilite o debate. Será fundamental que as intervencións sexan argumentadas e respectuosas, sen coartar a liberdade para que cada persoa expoña o seu punto de vista, e será papel da persoa facilitadora e experta en igualdade, lanzar reflexións orientadas cara afianzar valores da igualdade e diversidade.
  • Finalización: para finalizar o foro-debate deixarase espazo para facer unha intervención de aproximadamente 30 segundos/1 minuto e expoñer unha frase/reflexión a modo de resumo que lles guste, unha mensaxe potente.

Aspectos xerais

Os contidos e materiais didácticos empregados estarán axustados ao nivel educativo e curso do alumnado participante.

O desenvolvemento do taller abordará de maneira transversal o fomento de habilidades de comunicación e empatía entre o grupo de iguais.

Procedemento de actuación polo centro educativo

  • Cada centro poderá seleccionar unha temática diferente por aula, segundo as necesidades detectadas polo profesorado. Isto é, dentro dun mesmo curso, a temática para tratar pode ser diferente nas diferentes clases.
  • Cada centro poderá seleccionar un máximo de dous talleres, seleccionando o centro educativo o nivel educativo e curso que considere máis adecuado dos que se relacionan no apartado de "A quen vai dirixido?".

Cando:

Datas de celebración pendentes de determinar.

Inscricións:

Datas de inscrición pendentes de determinar.

Contacto:

Centro de Información ás Mulleres (CIM Coruña)

E-mail: cim@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext. 67905 - 67906

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión